Aviso aos nosos leitores sobre as contas desactivadas ou desaparecidas do "PCPG"

Nota do PCPG para os nosos amigos e amigas, para todos os seus seguidores no Facebook, para quen ande por esta rede insocial e anticomunista.

No pasado día 27 de maio foron inactivadas ou talvez desaparecidas (aínda non sabemos con certeza) 2* contas do Partido Comunista do Povo Galego (PCPG) sendo a 3a. vez que isto acontece desde 2010 en que o noso partido se dera de alta no Facebook-.

É tamén a 3a. vez que isto ocorre sen que nos dean explicacións e nen sequer respondan ás nosas demandas de devolución da abondosa información gráfica, fotográfica ou escrita, que diga o que diga Fachabook, consideramos propia.

O PCPG naceu formalmente en 1984, ten 38 anos e 5 meses oficiais desde que está na rúa e outros 4 de trabalho previo militante e organizado desde a acción combinada de varios destacamentos comunistas que trabalharon daquela para fundado e impulsalo.

O PCPG é pois resultado de máis de 42 anos de trabalho militante de obreiros revolucionarios de todas as idades, entre os que contamos e tamén lembramos e honramos con emoción e orgulho a activistas e heroicos cuadros dirixentes históricos nos durísimos anos da clandestinidade fascista.

Dun tempo a esta parte, percibimos unha serie de manobras deste os aparellos legais deste réxime e, tamén, accións miserábeis e fraccionistas de extranhos "aliados" orquestradas e dirixidas contra o noso partido, utilizando estas redes e outros 'conductos'.

Non resulta fácil o noso trabalho, nunca o foi para ningunha organización combativa, revolucionaria, antiburguesa, de clase e é por iso que continuamos o noso caminho e trataremos de ser sempre o mesmo partido que recuperou, ergueu e afortalou con práctica e principios organizativos propios o caminho da luta do noso povo trabalhador e a recomposicion da súa unidade militante, cando outros retrocedían ao liquidacionismo e á vía do oportunismo sistémico ou do radicalismo "estético" pequeno burgués, abandonando as bandeiras do marxismo e do leninismo, do comunismo, do internacionalismo proletario e da nosa soberanía e independencia de clase e nacional.

Será talvez por isto que o fachabook nos proscribiu 3 veces nos últimos 12 anos e que algúns filisteos e falsos "amigos" queren que desaparezamos?.

Que pouco conhecen aos comunistas!

*As dúas contas desactivadas ou desaparecidas son "PCPG" e 'Comunistas do Povo Galego".