Sábado, 4 de febreiro. Conmemoramos en Marín o 50 Aniversario da 2ª Declaración da Habana

Acto do 50 aniversario da 2ª Declaración da Habana.
VINDEIRO SÁBADO 4 DE FEBREIRO ÁS 19 HS NA BIBLIOTECA MUNICIPAL DE MARÍN.
Á esquerda, cartaz do acto.
"Porque esta gran humanidad ha dicho "¡Basta!" y ha echado a andar. Y su marcha de gigantes ya no se detendrá hasta conquistar la verdadera independencia, por la que ya han muerto más de una vez inútilmente. ¡Ahora, en todo caso, los que mueran, morirán como los de Cuba, los de Playa Girón, morirán por su única, verdadera, irrenunciable independencia!".

En 1962 co obxectivo de aillar a Cuba, aprobouse na Oitava Reunión de Consulta de Cancilleres da OEA, celebrada en Uruguay, a exclusión de Cuba da OEA co argumento de que o socialismo era incompatíbel co sistema americano.

O 4 de febreiro de 1962 como resposta a esta decisión da OEA, ás presións de EEUU e a unha campaña internacional en contra de Cuba, Fidel Castro pronunciou un discurso histórico diante de máis dun millón de persoas reunidas na Praza da Revolución da Habana. Neste discurso coñecido como a 2ª Declaración da Habana, o lider revolucionario, reafírmase no dereito dos pobos de América Latina á soberanía e á independencia contra o imperio estadounidense.

50 anos após este histórico discurso, de rabiosa actualidade nestes momentos de crise do modelo capitalista e perda de soberanía dos pobos, Cuba segue erguendo a bandeira da dignidade e a xustiza social que representan os valores do socialismo e segue a ser un exemplo, malia a campaña de intoxicación mediática, de independencia e soberania para todos os pobos do mundo.

Este sábado 4 de febreiro cúmprense 50 anos deste feito histórico e con tal motivo as organizacións Colectivo Nacionalista de Marín, Partido Comunista do Povo Galego, Fronte Obreira Galega, Frente Popular Galega e a Asociación de amizade Galego-Cubana "Francisco Villamil" celebraremos un acto de conmemoración en Marín.

No acto, que terá lugar na biblioteca municipal de Marín a partir das 19hs, participarán e falarán o Cónsul Xeral de Cuba en Galiza, Alejandro Fuentes Hernández, e os xornalistas Gustavo Luca de Tena e Xurxo Rodríguez.

"Non á incineradora do Irixo. "o povo decide!!'

Milleiros de persoas (máis de 7.000 - segundo datos da organización) clamaron na Praza Maior de O Carballiño contra a instalación da planta de incineración de lixos no Irixo.

Deste xeito, a protesta, á que se uniron ducias de colectivos e organizacións e plataformas de carácter social, político, ecolóxico de toda Galiza, esixiu unanimente da Xunta do PP-Feijoo que dea marcha atrás na súa decisión.
"NON SOMOS ULTÍMA MERDA"
A multitudinaria marcha transcorreu con berros de 'Incineradora non!!', á vez que se podían ler faixas e pancartas como 'Carballiño non é Sogama II!!' ou "o povo decide!!', ata chegar ao momento de partida na Praza Maior, onde Marta Neira, da 'Plataforma de Incineradora non Irixo non' avogou por levar as voces de protesta "a Compostela e a Madrid. E esta é unha demostración de que non somos a última merda que fica en Ourense", deste xeito agradeceu ás súas veciños Marta Neira a presenza na multitudinaria protesta.
DECISION "REVOCABEL"
Pola súa banda, o portavoz da plataforma da coordinadora vecinal de O Irixo, Alberto González, advertiu de que "a decisión pode estar tomada mais é totalmente revocabel" e que temos que impedir este proxecto que mesmo se quere realizar nunha zona de grande valor ecolóxico e arqueolóxico.
"O noso povo e toda Galiza está en contra de que desde as institucións se manipule aos pequenos lugares para aproveitarse deles" e advertiu á Xunta de que "cada vez terá máis xente está en contra", e que este tema "vai ter unha repercusión política" para o Goberno galego.

Galiza lembrou e homenaxeou a José Martí

[Do Consulado Xeral de Cuba en Galiza e Radio Rebelde]

Con motivo do aniversario 159 do natalicio de José Martí, a Asociación de Amizade Galego-Cubana Francisco Villamil e o Consulado Xeral de Cuba en Santiago de Compostela organizaron un acto o pasado día 28 de xaneiro ante o monumento ao prócer da independencia cubana, nos Xardíns de Montero Ríos en Vigo.
Militantes da asociación de amizade galego-cubana "Francisco Villamil" e doutras organizacións políticas e sociais de Galicia participamos no tributo ao Mestre, así como o Cónsul Xeral de Arxentina e a Cónsul Segunda de Venezuela, os integrantes do Consulado de Cuba en Galiza e outros cubanos. 
Valentín Alvite, Presidente da Asociación “Francisco Villamil” pronunciou as palabras iniciais, nas que puxo de relevo a personalidade de José Martí e a importancia das súas ideas políticas e revolucionarias. Posteriormente deu lectura a unha mensaxe enviada para o acto polo Dr. Armando Hart Dávalos, Director da Oficina do Programa Martiano, no que resalta que en Martí “...sintetízase de modo exemplar unha longa lexión de herois, próceres e pensadores dun século de feitos e ideas que revelan o carácter singular do proceso cubano e sitúano como a continuidade histórica da epopeia independentista da nosa América”.
Sinala Hart que o máis universal dos cubanos representa a cúspide máis alta do pensamento no século pasado e nel ten Fidel Castro fundamentos históricos e unha das raíces do seu xenio e das vitorias da súa culta política. 
Alejandro Fuentes Hernández, Cónsul Xeral de Cuba pronunciou as palabras centrais do acto, nas que resaltou a figura do Heroe Nacional e a súa grandeza trascendental para a historia de Cuba, de América e o mundo. 
Concluíu as súas palabras enviando unha mensaxe aos Cinco Herois presos e secuestrados  en EEUU destacando que, como dixese Martí, trincheiras de ideas valen máis que trincheiras de pedras.

Concello de Marín retira o nome da Rúa Rosalía de Castro. Comunicado da A A.C. Almuinha

Un atropelo infame das autoridades fascistas (do PP) do Concello de Marín.  

 A A.C. Almuinha quere denunciar que esta quinta-feira, 19 de janeiro, o governo local de Marim, do PP, vai consagrar com toda “la pompa y el salero” ao mais puro estilo Torrente a volta aos tempos de antes. Era urgente desde o ponto de vista da crise que nos embarga mudar rapidamente o nome da rua da nossa poeta nacional por excelência pelo de um casposo militar; pois todos sabemos que a poesia não ajuda à economia local mas sim as balas e os barcos de guerra.

Obrigado senhora alcaldesa porque a sua liderança e presença nestes actos de ressarcimento à família Janer e a sua calada quando não há serviço de ambulância nocturno e no fecho de Factoria Naval demonstram que os votos que a trouxeram ao gabinete municipal sabiam o que realmente é importante. A senhora alcaldesa, e deve ser uma enfermidade que se apanha no seu partido, pois todos os presidentes de instituições públicas sofrem desta doença, falam muito mas não fazem nada, e são grandes espertos em desviar a atenção para assuntos tão fulcrais como este. Nunca antes na nossa história houve tantos desempregados nas nossas paróquias e nas nossas casas, tantos novos a ir para fora.

Mas o importante é enviar mensagens aos navegantes e demonstrar que o revanchismo político é a bandeira com a que a direita se alimenta e trabalha, que há coisas com as que não se brinca e que devem ser como foram toda a vida, vamos como deus manda, com missa e todo como neste caso. Já nos imaginamos à nossa grande alcaldesa vestida de peineta e mantilha bendizendo, com padre incluído, a volta ao status quo. O estado da política local é uma maldição que as gentes de Marim parece que nos merecemos. O PP, que ganhou as últimas eleições mais por deméritos dos adversários que por méritos próprios, na quinta-feira vai reclamar o que é seu, pois entendem a administração pública como um botim do que há que tirar o máximo partido varrendo para casa sempre que seja possível.

Marim, a 18 de janeiro de 2011
A.C. Almuinha


PASO A PASO, CONTRA O ENSINO PÚBLICO

alt
O PP, novo xestor dos mandatos  capitalistas  para o Estado español e para Galiza, avanza na destrución dos servizos públicos. Tres novos chanzos desta política liquidacionista asoman para o ámbito do Ensino nos últimos días:
1.- A Xunta privatiza escolas infantís.
O PP quere pór fin aos “erros”cometidos polo bipartito, os seus “excesos”: agora as Galescolas,  antes o Plan de Normalización Lingüística no Ensino... Dados a bautizar as cousas e a xente, as neonatas Galescolas pasaron a chamarse GaliñaAzul. Para eles mellor galiñas que galegas. Agora as galiñas van ser malvendidas na feira de saldos á que está abocado o sistema de ensino público. Na súa concepción dos servizos como fonte de beneficios a rede infantil é da que máis tallada se pode sacar.
A privatización do Ensino non é un invento do PP. O sistema agradécelle aos anteriores xestores socialdemócratas (PSOE e outros) a súa laboura, porque tamén eles mantiveron ou aumentaron os concertos coa privada, as prevendas á Igrexa católica, a mercantilización da Formación profesional ( mesmo pola vía dos fondos de formación para sindicatos afíns e empresarios), o abandono da rede pública…Pero son insaciables.
Os novos xestores van a máis, o seu esquema social de traballadores escravizados, desregulados, complétase cun exército de parados en lista de espera permanente e cunha volta das mulleres traballadoras ao fogar do que, dende a súa visión fundamentalista, nunca deberon marchar. Veñen de privatizar as escolas infantís ao tempo que aproban unha suba das tarifas das garderías. Fóra a Lei de Dependencia, fóra a Conciliación, fóra garderías…
2.- O bacharelato terá unha duración de tres cursos.
O aumento dun ano de bacharelato, loado no seu momento por toda a prensa “amiga” , supón a redución dun curso da ESO. Suman un curso de ensino postobrigatorio e reducen un do obrigatorio. Algún sindicato “amigo” xa avisa do maior beneficio que conleva a medida para os concertos da privada. As cifras que en Galicia indican un 70% de alumnado na rede pública deben ser invertidas. Menos ensino público, menos obrigatorio, menos universal, menos gratuíto…
3.- O profesorado da pública contará con asistencia xurídica.
A Consellería de Educación vén de anunciar con rebumbio un novo servizo de asistencia xurídica para o profesorado da rede pública. O servizo será prestado (¡) pola empresa “Legalitas”. A empresa privada “Legalitas” vai ser a valedora do profesorado. Por suposto o tema da Responsabilidade Civil queda excluído. Traballadores públicos defendidos pola empresa privada? Algúns parvos aínda han sentirse diferentes ao común dos traballadores, como cando deixan os seus fillos e fillas en mans da privada ou cando van aos médicos das mutualidades renegando da Seguridade Social.
Concluíndo, que nos devolvan o roubado.
[Artigo publicado na páxina web da Central Unitaria de Traballadores-CUT]

Galiza rinde homenaxe a José Martí no 159 aniversario do seu nacemento

Este próximo sábado 28 de xaneiro ás 12:30 hs da mañá, terá lugar en Vigo unha homenaxe a José Martí con motivo do 159 aniversario do seu nacemento. O Consulado Xeral da República de Cuba en Galiza e a Asociacion de Amizade Galego-Cubana "Francisco Villamil" honrarán a memoria do poeta e heroi nacional cubano perante o seu monumento nos xardíns de Montero Ríos (moi perto do Náutico e fronte ao porto deportivo) na cidade de Vigo.
A homenaxe consistirá nunha ofrenda floral, un discurso sobre o símbolo da independencia cubana a cargo do Cónsul Xeral da República de Cuba en Galiza, Alejandro Fuentes Hernández e a intervención do presidente da Asociación de amizade, estando prevista a presenza doutras doutras representacions de países amigos de América Latina.
O PCPG chama a apoiar este novo acto organizado polo Consulado Xeral da República de Cuba na Galiza e a Asociación de Amizade Galego-Cubana "Francisco Villamil" e convidamos as/os camaradas e a todas as amigas e amigos de Cuba e aos cubanos e cubanas residentes a asistir a este acto de lembranza do centro cincuenta e nove aniversario do nacemento de José Martí.

FRAGA, candidato fracasado en Madrid e ministro de Franco en Galiza

Gustavo Luca [xornalista]
A Fraga botouno, como xefe da oposición en Madrid, o seu propio partido. Esgotáranselle todos os recursos: o insulto aos nacionalistas, contar chistes nas Cortes, aceptar entrevistas en programas de humor, renovar por idade o que el chamaba "o governo na sombra". O voto non chegaba. "É o mellor pero non lle votan porque asusta", dicía o seu equipo.

Fraga sabía a verdade: "non me negan o voto a min, néganllo a Franco". Outros candidatos marcaban distancias coa Ditadura mentres el buscaba un "franquismo sociolóxico", algo parecido a un peronismo sen Perón. Adoitaba repetir que acabarían levando a Franco aos altares.

Unha canonización que talvez o alcanzase a el mesmo como ao can de San Roque: fora voluntario na masacre de Vitoria, onde daba ordes á tropa desde o Goberno Civil, mentres mantiña o engano de que se atopaba en Bonn.. [Ler máis]

SOBRE O XENERAL LISTER [I]: [Entrevista co seu fillo]

Na foto: O entrevistado, Enrique Lister (fillo) foi catedrático da Universidade de Poitiers-Francia.
Resumo da entrevista realizada o 9 de Maio de 2007. "A Nosa Terra". Número 1.265.

[Premer nas fotos para aumentar o seu tamaño]


"O LEGADO DE LISTER ONDE TEN QUE ESTAR É EN GALIZA"
É unha parte pequena da súa importante historia. Estou disposto a traballar coa Xunta para tentar xuntar todo o seu legado, que aínda está bastante disperso e non totalmente catalogado. O que posuímos eu e os meus irmáns está á disposición dos galegos. Hai que ver se se restaura a súa casa, ou onde é mellor instalalo. Hai que ter en conta que o internacionalismo de Líster, o ser xenreral de catro exércitos en catro países, non lle priva de ser profundamente galeguista"
Director do Departamento de Estudos Eslavos da Universidade francesa de Poitiers, historiador e filólogo, Enrique Lister ten múltiplas facetas, todas elas interesantes para ser entrevistado. Pero, nesta ocasión reproducimos un anaco de conversa da que falamos do seu pai, o xeneral Líster, e das vivencias ao seu carón, logo de participar nunha homenaxe que lle ofreceron na súa terra natal.
Que supuxo para vostede o ser fillo de Henrique Líster?
Ser fillo de alguén cunha personalidade tan forte e tan marcada non influíu negativamente, moi ao contrario. As relacións de fillo a pai nunca foron conflitivas porque Líster nunca tentou impornos nada na nosa educación. Para el non existía iso de que hai que facer, tes que facer... El predicaba co exemplo e mostrábanos o xeito de comportarnos, coherente e exemplar en todas as circunstancias.  [Continuar a ler]

Pola unidade e reorganización revolucionaria, en chave comunista. Paremos a ofensiva capitalista!!

TRIPTICO DO FORO DE UNIDADE COMUNISTA GALEGA
Parar a ofensiva reaccionaria e a barbárie capitalista e avanzar cara a Folga Xeral. Loitar polo Socialismo desde os movementos revolucionarios (Movemento Obreiro Galego, Movemento de Liberación Nacional, etc) unindo as loitas, con un método de análise científico e con unha praxe axeitada.
Clarificar e contribuir ao progreso social e o impulso das organizacións do proletariado e do povo no seo das súas loitas, traballando pola UNIDADE da vangarda proletaria que precisa a clase obreira, o Povo Galego e a humanidade para solucionar os seus problemas e pola construción da nosa p r o p i a o r g a n i z a c i ó n autónoma de clase e revolucionaria.
O PCPG, que é unha das forzas impulsoras e integrantes do Foro de Unidade Comunista Galega publicamos e chamamos a difundir este novo documento. Ver e descargar en pdf:
Ver tríptico en norma agal ]